Xul 21, 2020
Ola a tod@s, a través deste comunicado querémosvos informar da decisión, que moi o noso pesar, tivemos que tomar no día de hoxe; ANULACIÓN da nosa carreira O camiño Race 2020 que se ía celebrar o vindeiro 6 de setembro na “Cidade da cultura” de Santiago de Compostela.
Entendemos que a situación actual, na que debe primar a saúde dos corredores e de todo o público do evento, debemos actuar con responsabilidade e tomar esta dura decisión. A día de hoxe os estándares de calidade do evento e a saúde de tod@s debe estar por riba da organización do noso evento deportivo, social, turístico e cultural.
Por tanto comunicamos:
Sentimos non poder celebrar a nosa 2ª edición en 2020 como tiñamos pensado, agradecemos aos nosos patrocinadores, as institucións, a todo o equipo organizador polo traballo destes meses e sobre todo GRACIAS a tod@s os que confiastes en O Camiño Race 2020.
Vémonos na edición de 2021, o noso ano Xacobeo.
Un afectuoso saúdo a tod@s
O Camiño Race.