NOVAS

Masterclass preparatoria para 'O Camiño Race' o vindeiro 4 de Outubro

Set 04, 2019

A carreira de obstáculos "O Camiño Race", que o día 19 de outubro partirá desde a Cidade da Cultura, dispoñerá dun tramo pola zona de adestramento funcional do Multiusos Fontes do Sar. Alí, o próximo día 4 de outubro, terá lugar unha masterclass que servirá de preparación para a gran proba final.